Sons de Cortegada
Hoxe pola tardiña, no camiño que vai entre o lusco e fusco, soan os versos de Cunqueiro ós que Amancio Prada puxo música:
Si miña señora á i-alba de Arousa beilar,
poñereille, belida, un ventiño no mar.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor de mareas co seu remo na man.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha abelaneira no medio do día.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!
O poema aparece na primeira obra de Álvaro Cunqueiro, “Mar ao norde”, e lembra as cantigas de amor e de amigo dos nosos trovadores medieváis, aportando un ton ledo e case onírico.
Con todo, unha ledicia a de escoitar o disco “Tres poetas en el círculo” de Amancio Prada mentres un traballa cáseque cantando.

jose wrote,
Completamente de acordo. Gracias.
Link | July 24th, 2009 at 12:23 pm