RVBurke » galego

Openoffice en galego
Hoxe, alguén preguntou nos foros de soloarquitectura.com sobre a posibilidade de obter o documento de excepcionalidade das Normas do Hábitat Galego en formato .doc. Desta pregunta xorde esta entrada no blog, para ofrecer solucións alternativas (e mellores, na miña opinión) ó emprego de ferramentas coma o MS-Office.

Primeiro, é boa cousa que eses documentos se publiquen nun formato estandarizado, perfectamente documentado como é o PDF/A, e sería excelente que tamén se publicasen noutro estándar ISO como é o OpenDocument Format, o formato que usa o OpenOffice.

O problema de empregarmos formatos non estandarizados coma o .doc ou falsamente estandarizados coma o OOXML (xa que o Office de MS non o implementa de forma compatible co estándar) e que dependemos ou facémonos dependentes de ferramentas que non están a disposición de moita xente (empregar copias piratas é, coma pouco, unha solución precaria, coma calquera outra que supoña quebrantar a lei).

E segundo, por sorte temos ferramentas libres e gratuitas coma o OpenOffice que nos permiten tanto ler coma escribir en formatos estándar (ODF, PDF), e incluso tamén ler e escribir, na maioría de ocasións con total fidelidade, formatos privativos coma os do MS-Office.

O novo Openoffice 3.0 conta ademáis cun complemento para a importación de documentos PDF para manexalos na aplicación de gráficos, polo que é posible completar ou editar os formularios e poder logo incrustar o resultado da edición no procesador de textos e gardar o resultado con fidelidade. Coma exemplo do seu funcionamento, velaquí o resultado da conversión da devandito formulario de excepcionalidade das NNHG.

Outras vantaxes do emprego do Openoffice son a súa dispoñibilidade en galego, existindo tanto un corrector ortográfico coma un corrector gramatical (Golfiño), ainda que este último está en fase de desenrolo.

Tamén, coma axuda para os termos construtivos, publiquei hai un tempo, un complemento para o navegador Firefox que permite facer buscas no “Diccionario visual da construción” do COAG no propio navegador.

Grazas a estas ferramentas non só non é posible prescindir de ferramentas caras e que nos fan máis dependentes, senon que é posible ter ferramentas mellores e máis funcionais. Eu xa fai tempo que só teño instalado coma paquete ofimático o Openoffice.

Diccionario visual da Construción do COAG
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) ten un excelente e útil Diccionario visual da Construción que, entre outras cousas, facilita a tradución dos termos máis habituais do mundo da construción e a arquitectura xa que permite facer buscas dende o galego ou o castelán e devolve os resultados relacionados coas equivalencias nos dous idiomas.

Xa que estes días ando a redactar as memorias duns proxectos de execución estou a botar man a miudo desa ferramenta, xa que son moitos os casos de dúbida e a documentación técnica en galego é, lamentablemente, moi escasa, polo que gran parte do traballo consiste en adaptar memorias escritas en castelán a unha versión en galego (máis algunhas adaptacións normativas, claro).

Para facilitar a tarefa, creei un buscador persoalizado que se pode engadir á barra de buscas do navegador Firefox (e posiblemente tamén traballe noutros navegadores), de xeito que, a partires da súa instalación, podes usar a casiña de busca do navegador cun termo en castelán e devolve a páxina cos resultados relacionados, que inclúen a equivalencia en galego.

Engade o buscador ó teu navegador.

A creación dun buscador equivalente que faga a tradución inversa, do galego ó castelán, se fose necesaria, é moi sinxela, bastando editar o arquivo dvccoag.src e cambiando “castelán” por “galego”.

Unha instalación alternatva é obter os arquivos das fontes para o buscador Sherlock e a icona do buscador e instalalos no subdirectorio searchplugins do directorio do Firefox.

Unha versión OpenSearch do mesmo buscador. Ainda que non está probado o seu funcionamento, debería instalarse eiquí.

Sons de Cortegada
Hoxe pola tardiña, no camiño que vai entre o lusco e fusco, soan os versos de Cunqueiro ós que Amancio Prada puxo música:

Si miña señora á i-alba de Arousa beilar,

poñereille, belida, un ventiño no mar.

!A dorna vai e ven,

que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor

e unha longa soedade coma a da mar maior.

!A dorna vai e ven,

que meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galán

por pastor de mareas co seu remo na man.

!A dorna vai e ven,

que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría

e unha abelaneira no medio do día.

!A dorna vai e ven,

que meu amor ten!

O poema aparece na primeira obra de Álvaro Cunqueiro, “Mar ao norde”, e lembra as cantigas de amor e de amigo dos nosos trovadores medieváis, aportando un ton ledo e case onírico.

Con todo, unha ledicia a de escoitar o disco “Tres poetas en el círculo” de Amancio Prada mentres un traballa cáseque cantando.

Estrutura e representación
O deseñador Aaron Koblin realizou un interesante video no que representa a densidade do tráfico aéreo no espazo dos Estados Unidos.

Aaron Koblin:

<object type="application/x-shockwave-flash" style="width:400px;height:330px" data="http://www.youtube.com/v/dPv8psZsvIU" title="Airplane Flight Patterns over the USA"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/dPv8psZsvIU" /></object>

Airplane Flight Patterns over the USA (Copyright by Aaron Koblin and the FAA)

A representación das traxectorias e intensidades dos voos faise con distintas linguaxes e preséntase con e sen superposicións das xeografías, tempos e cantidades subxacentes, dando lugar a un resultado realmente interesante no eido plástico.

O proxecto recordoume a plasmación dalguns experimentos de psicoxeografía e ós mapas psicoxeográficos, e resulta interesante coma estratexia de análise que provoca a materialización de aspectos case invisíbles da realidade.

Nota: O video atopeino grazas a un post no blog de Rich Burridge, membro do proxecto GNOME.

As orellas tamén alimentan
Xa facía tempo que non comía orellas, e aínda que son máis propias do antroido, nunca está de máis degostar estas larpeiradas noutras datas, mesmamente nestas  . E aproveitando os días que estou por Santiago facéndolle unha visita á familia, puxémonos hoxe á mañán a facer orellas e podo confirmar que as feitas coa receita da miña nai seguen a ser as mellores que teño probado.

Aproveitando que as receitas están, afortunadamente e polo de agora, libre de patentes e restricións de copia aquí vai a receita das orellas para tela a man e por se a alguén se lle ocorre compartir ou contrastar debidamente a miña opinión na súa casa:

Receita de orellas de carnaval

Ingredientes:

casca dun limón

sal

2/3 de vaso de auga

100g de manteiga de vaca cocida (ou fresca)

1/2kg de fariña

3 ovos

esencia de anís

1 copiña de anís

aceite para fritir

sucre glaseado

Forma de preparación:

Ferver a casca dun limón durante 1/2 hora en auga feita así:

– un chisco de sal

– 2/3 de vaso de auga

– 100g de manteiga de vaca cocida

Mesturar completamente a auga con 1/2kg de fariña

Engadir 3 ovos enteiros e misturalos coa masa usando as mans

Incorporar a esencia de anís e a copa de anís

Amasar ata ver que se separa das mans

Deixar repousar nun lugar quente unha hora

Coller anacos da masa e estiralos facendo unha capa fina

Recortar en trociños de forma alongada e fritir enrugándoos para que parezan orellas

Botarlle sucre glaseado en abundancia por enriba das orellas

Notas:

Para que a orella creza o aceite debe estar máis ben quente, ainda que non tanto como para que se queimen rápido as orellas.

A masa queda máis cruxinte canto máis fina é a masa e se as proporcións dos ingredientes son as indicadas.

Para que non se pegue a masa ó soporte, o segredo está en untalo con pan mollado en aceite ou botar por riba del un pouco de fariña  antes de estirar a masa.

Agradécense suxerencias ou innovacións sobre esta receita, así coma comentarios sobre o resultado obtido usándoa.

Bo apetito!

Cambios na ortografía e morfoloxía normativa do galego
Xa vai un tempo (xullo de 2003) que a Real Academia Galega aprobou unha modificación da vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego. Aínda que son poucos os cambios e afectan sómentes á lingua escrita, recollo nesta entrada da bitácora unha táboa dos cambios máis significativos, para telos a man e practicar un pouquiño, xa que non son moitas as ocasións de falar ou escribir en galego.

Sobre a evolución da lingua e o contexto dos cambios feitos pódese consultar unha interesante síntese de Serafín Alonso. O Instituto da Língua Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística tamén recolle información relacionada, e o Servizo de Normalización Lingüística da universidade da Coruña nalgún momento tivo un bó resumo que xa non está dispoñible na súa web  .

1.Mudanzas obrigatorias

A aplicación dunha nova normativa supón un cambio integral ou parcial nalgunhas palabras, terminacións ou usos de certas construcións por considerárense as anteriores incorrectas. Son as seguintes:

1.1 A acentuación

A acentuación de interrogativos que introducen cláusulas interrogativas indirectas só é obrigada cando se poidan producir ambigüidades.

Dime que queres/ Dime qué queres.

1.2 Grupos consonánticos cultos CT e CC

Suprímese a primeira consoante do grupos cando os preceden as vogais -i- ou -u-: condución, conduta, conduto, condutor, conflito, contrución, construtivo, construtor, dicionario, ditame, ditadura, estrito, estrutura.

Mantense o grupo nalgúns tecnicismos e palabras cultas como: edicto, dicción, convicto, convicción, ficción, ficticio, invicto, pictórico, succión, veredicto.

Algunhas palabras perden o c pero vocalizándoo en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito.

1.3 Sufixos e terminacións

1.3.1 Sufixos en -ZO, -ZA

Auméntase a lista de palabras con estas terminacións: diferenza, espazo, estanza, (estrofa), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, terzo, servizo.

1.3.2 Sufixos masculino -ÁN feminino -Á e masculino -ÓN feminino -OA

Adáptanse ao modelo -án/-á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.

Seguen o modelo -ón/-oa todas as palabras en que -ón non funciona como sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: anfitrión, bretón, campión, ladrón, león, patrón, saxón, teutón. Pero mullerona, casona, abusona, acusona, preguntona.

1.3.3 Terminacións -EU, -AU e -O

Engádense á lista de palabras rematadas en -eu: chapeu, romeu e xubileu.

Engádense á relación de palabras en -au: bacallau e pau.

Engádense á lista de palabras en -o: tribo e ímpeto.

1.4 O verbo

A acentuación das primeira e segunda persoa de plural de pretérito de subxuntivo pasa a ser esdrúxula: *cantasemos, cantásemos.

1.5 Pronomes demostrativos

Elimínanse as formas do pronome demostrativo neutro *esto,*eso,*aquelo sendo só válidas isto, iso, aquilo.

1.6 Adverbios e locucións adverbiais

Engádense á lista: alén e aquén (lugar)

Elimínanse: *entoces (tempo), *alomenos (cantidade e precisión)

Escríbense xunto: acotío, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido, enseguida (tempo); apenas (cantidade e precisión); amodo, devagar (tempo); talvez (dúbida).

1.7 Preposicións e locucións prepositivas

Engádense: a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

1.8 Conxuncións e locucións conxuntivas

Engádense: no entanto, porén (adversativas); até que (temporais).

Elimínanse: *anque, *nembargantes, *sen embargo (adversativas); *anque (concesiva); *entonces (consecutiva).

Escríbense xunto: apenas, decontado que, deseguida que (temporais).

1.9 Numerais

Fanse regulares os numerais entre vinte e trinta, escríbense separados: vinte e un, vinte e unha, vinte e dous, vinte e dúas…

Elimínanse as formas *triple e cuádruple só son válidas as formas tripla, triplo e cuádrupla, cuádruplo.

1.10 Pronomes

Engádese a forma cuxo ao paradigma dos relativos posesivos, este pronome ten flexión xenérica así teremos as formas: cuxo, cuxa, cuxos, cuxas.

1.11 Léxico

Modifícase a forma dalgúns termos: *estudio e a súa familia pasan a estudo; grazas substitúe a *gracias; *vocal –nome de letra e integrante da directiva dunha organización- pasa a ser vogal e admítese a forma Galiza.

2. Mudanzas opcionais

Baixo este epígrafe tentaremos explicar os cambios que introduce a nova norma deixando a elección do usuario a escolla entre unha ou outra opción. En moitos dos casos son opcións que xa existían no anterior texto que pasan a seren tratadas como iguais sen suxerir ou recomendar unha ou outra escolla.

O DLG, atendendo a criterios lingüísticos e de tradición de uso dentro dos textos emitidos polo Concello de Santiago, propón uns criterios de escolla que pretenden harmonizar e dar coherencia aos textos producidos pola institución municipal.

2.1 O artigo

2.1.1 A segunda forma do artigo

A segunda forma do artigo pasa a ser obrigatoria unicamente tras a preposición por e despois do adverbio u: polo, pola. ¿U-lo meu chapeu?.

Nos casos restantes é opcional o seu uso, o DLG propón non utilizar a segunda forma do artigo agás nos casos en que é obrigado.

2.1.2 Contraccións

A contracción de artigo masculino e preposición a ten dúas solucións, ó e ao, as dúas igualmente válidas. Escollemos representar esta contracción como ao porque así se fai no texto das normas e porque o seu uso está moi estendido nos textos do Concello.

Por coherencia co resto das escollas non marcaremos a contracción do artigo coa partícula comparativa ca entón non usaremos as formas có,cás, cós, cás e si estoutras ca o, ca a, ca os, ca as.

2.2 Sufixos e terminacións

2.2.1 Sufixos –BLE/ -BEL

Na nova norma equipáranse as dúas solucións. O DLG propón a utilización do sufixo –bel/ -beis por ser a forma de maior aceptación entre as correntes normativas.

Debemos considerar que a acentuación das formas en –bel como amábel leva til por cumprir a regra xeral de acentuación e o seu plural amábeis lévao por ser unha palabra grave cun ditongo decrecente na última sílaba. Asemade debemos ser consecuentes coa nosa escolla introducindo esta

terminación naquelas palabras que deriven dunha primitiva rematada en -bel: amabelmente, estabelecer, estabelecemento…

2.2.2 Sufixos –ARÍA/ -ERÍA

Escollemos a forma tradicional en –aría que é a que se recolle na redacción das normas: Concellaría, perrucaría, consellaría, panadaría…

2.2.3 Sufixo –DADE

Incorpórase puberdade ao grupo de palabras con esta terminación.

2.3 Signos de puntuación

Os signos de interrogación e admiración pasan a ter un uso obrigatorio só ao remate do enunciado.

Malia isto, recoméndase continuar usándoos ao inicio para marcar ben o comezo da cláusula interrogativa ou exclamativa e facilitar así a lectura e comprensión dos textos.

2.4 Outros signos

Admítese a utilización do apóstrofo para a notación de títulos de obras ou cabeceiras de publicacións: d’A Nosa Terra.

Resumo da proposta do DLG para a harmonización no proceso de implantaciónd a nova norma

A proposta do DLG para harmonizar as formas en que cabe unha dupla escolla resúmese así:

Emprego de ao fronte a ó.

Restrición o uso da segunda forma do artigo a aqueles casos en que é obrigatorio: coa preposición por e tras o adverbio u.

Eliminación da contracción do artigo coa partícula comparativa ca.

Uso do sufixo –aría fronte a –ería.

Uso do sufixo –bel/-beis.

Uso dos signos de admiración e interrogación ao principio e ao remate da frase.

Inclúense tamén nesta lista todas aquelas mudanzas obrigatorias comentadas no epígrafe 2 que, como xa se indicou, non teñen escolla posíbel.

(Resumo extraído dun documento publicado no portal do Concello de Santiago de Compostela)