RVBurke » recetas

As orellas tamén alimentan
Xa facía tempo que non comía orellas, e aínda que son máis propias do antroido, nunca está de máis degostar estas larpeiradas noutras datas, mesmamente nestas  . E aproveitando os días que estou por Santiago facéndolle unha visita á familia, puxémonos hoxe á mañán a facer orellas e podo confirmar que as feitas coa receita da miña nai seguen a ser as mellores que teño probado.

Aproveitando que as receitas están, afortunadamente e polo de agora, libre de patentes e restricións de copia aquí vai a receita das orellas para tela a man e por se a alguén se lle ocorre compartir ou contrastar debidamente a miña opinión na súa casa:

Receita de orellas de carnaval

Ingredientes:

casca dun limón

sal

2/3 de vaso de auga

100g de manteiga de vaca cocida (ou fresca)

1/2kg de fariña

3 ovos

esencia de anís

1 copiña de anís

aceite para fritir

sucre glaseado

Forma de preparación:

Ferver a casca dun limón durante 1/2 hora en auga feita así:

– un chisco de sal

– 2/3 de vaso de auga

– 100g de manteiga de vaca cocida

Mesturar completamente a auga con 1/2kg de fariña

Engadir 3 ovos enteiros e misturalos coa masa usando as mans

Incorporar a esencia de anís e a copa de anís

Amasar ata ver que se separa das mans

Deixar repousar nun lugar quente unha hora

Coller anacos da masa e estiralos facendo unha capa fina

Recortar en trociños de forma alongada e fritir enrugándoos para que parezan orellas

Botarlle sucre glaseado en abundancia por enriba das orellas

Notas:

Para que a orella creza o aceite debe estar máis ben quente, ainda que non tanto como para que se queimen rápido as orellas.

A masa queda máis cruxinte canto máis fina é a masa e se as proporcións dos ingredientes son as indicadas.

Para que non se pegue a masa ó soporte, o segredo está en untalo con pan mollado en aceite ou botar por riba del un pouco de fariña  antes de estirar a masa.

Agradécense suxerencias ou innovacións sobre esta receita, así coma comentarios sobre o resultado obtido usándoa.

Bo apetito!