Estrutura e representación
O deseñador Aaron Koblin realizou un interesante video no que representa a densidade do tráfico aéreo no espazo dos Estados Unidos.
Aaron Koblin:
Airplane Flight Patterns over the USA (Copyright by Aaron Koblin and the FAA)
A representación das traxectorias e intensidades dos voos faise con distintas linguaxes e preséntase con e sen superposicións das xeografÃas, tempos e cantidades subxacentes, dando lugar a un resultado realmente interesante no eido plástico.
O proxecto recordoume a plasmación dalguns experimentos de psicoxeografÃa e ós mapas psicoxeográficos, e resulta interesante coma estratexia de análise que provoca a materialización de aspectos case invisÃbles da realidade.
Nota: O video atopeino grazas a un post no blog de Rich Burridge, membro do proxecto GNOME.
Write a comment