Cambios na ortografÃa e morfoloxÃa normativa do galego
Xa vai un tempo (xullo de 2003) que a Real Academia Galega aprobou unha modificación da vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego. AÃnda que son poucos os cambios e afectan sómentes á lingua escrita, recollo nesta entrada da bitácora unha táboa dos cambios máis significativos, para telos a man e practicar un pouquiño, xa que non son moitas as ocasións de falar ou escribir en galego.
Sobre a evolución da lingua e o contexto dos cambios feitos pódese consultar unha interesante sÃntese de SerafÃn Alonso. O Instituto da LÃngua Galega e A Mesa pola Normalización LingüÃstica tamén recolle información relacionada, e o Servizo de Normalización LingüÃstica da universidade da Coruña nalgún momento tivo un bó resumo que xa non está dispoñible na súa web :).
1.Mudanzas obrigatorias
A aplicación dunha nova normativa supón un cambio integral ou parcial nalgunhas palabras, terminacións ou usos de certas construcións por considerárense as anteriores incorrectas. Son as seguintes:1.1 A acentuación
A acentuación de interrogativos que introducen cláusulas interrogativas indirectas só é obrigada cando se poidan producir ambigüidades.
Dime que queres/ Dime qué queres.1.2 Grupos consonánticos cultos CT e CC
SuprÃmese a primeira consoante do grupos cando os preceden as vogais -i- ou -u-: condución, conduta, conduto, condutor, conflito, contrución, construtivo, construtor, dicionario, ditame, ditadura, estrito, estrutura.
Mantense o grupo nalgúns tecnicismos e palabras cultas como: edicto, dicción, convicto, convicción, ficción, ficticio, invicto, pictórico, succión, veredicto.
Algunhas palabras perden o c pero vocalizándoo en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitorÃa; seita (pero sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito.1.3 Sufixos e terminacións
1.3.1 Sufixos en -ZO, -ZA
Auméntase a lista de palabras con estas terminacións: diferenza, espazo, estanza, (estrofa), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, terzo, servizo.1.3.2 Sufixos masculino -ÃN feminino -à e masculino -ÓN feminino -OA
Adáptanse ao modelo -án/-á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.
Seguen o modelo -ón/-oa todas as palabras en que -ón non funciona como sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: anfitrión, bretón, campión, ladrón, león, patrón, saxón, teutón. Pero mullerona, casona, abusona, acusona, preguntona.1.3.3 Terminacións -EU, -AU e -O
Engádense á lista de palabras rematadas en -eu: chapeu, romeu e xubileu.
Engádense á relación de palabras en -au: bacallau e pau.
Engádense á lista de palabras en -o: tribo e Ãmpeto.1.4 O verbo
A acentuación das primeira e segunda persoa de plural de pretérito de subxuntivo pasa a ser esdrúxula: *cantasemos, cantásemos.1.5 Pronomes demostrativos
ElimÃnanse as formas do pronome demostrativo neutro *esto,*eso,*aquelo sendo só válidas isto, iso, aquilo.1.6 Adverbios e locucións adverbiais
Engádense á lista: alén e aquén (lugar)
ElimÃnanse: *entoces (tempo), *alomenos (cantidade e precisión)
EscrÃbense xunto: acotÃo, decontado, decontino, decotÃo, deseguida, deseguido, enseguida (tempo); apenas (cantidade e precisión); amodo, devagar (tempo); talvez (dúbida).1.7 Preposicións e locucións prepositivas
Engádense: a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.1.8 Conxuncións e locucións conxuntivas
Engádense: no entanto, porén (adversativas); até que (temporais).
ElimÃnanse: *anque, *nembargantes, *sen embargo (adversativas); *anque (concesiva); *entonces (consecutiva).
EscrÃbense xunto: apenas, decontado que, deseguida que (temporais).1.9 Numerais
Fanse regulares os numerais entre vinte e trinta, escrÃbense separados: vinte e un, vinte e unha, vinte e dous, vinte e dúas…
ElimÃnanse as formas *triple e cuádruple só son válidas as formas tripla, triplo e cuádrupla, cuádruplo.1.10 Pronomes
Engádese a forma cuxo ao paradigma dos relativos posesivos, este pronome ten flexión xenérica asà teremos as formas: cuxo, cuxa, cuxos, cuxas.1.11 Léxico
ModifÃcase a forma dalgúns termos: *estudio e a súa familia pasan a estudo; grazas substitúe a *gracias; *vocal –nome de letra e integrante da directiva dunha organización- pasa a ser vogal e admÃtese a forma Galiza.2. Mudanzas opcionais
Baixo este epÃgrafe tentaremos explicar os cambios que introduce a nova norma deixando a elección do usuario a escolla entre unha ou outra opción. En moitos dos casos son opcións que xa existÃan no anterior texto que pasan a seren tratadas como iguais sen suxerir ou recomendar unha ou outra escolla.
O DLG, atendendo a criterios lingüÃsticos e de tradición de uso dentro dos textos emitidos polo Concello de Santiago, propón uns criterios de escolla que pretenden harmonizar e dar coherencia aos textos producidos pola institución municipal.2.1 O artigo
2.1.1 A segunda forma do artigo
A segunda forma do artigo pasa a ser obrigatoria unicamente tras a preposición por e despois do adverbio u: polo, pola. ¿U-lo meu chapeu?.
Nos casos restantes é opcional o seu uso, o DLG propón non utilizar a segunda forma do artigo agás nos casos en que é obrigado.2.1.2 Contraccións
A contracción de artigo masculino e preposición a ten dúas solucións, ó e ao, as dúas igualmente válidas. Escollemos representar esta contracción como ao porque asà se fai no texto das normas e porque o seu uso está moi estendido nos textos do Concello.
Por coherencia co resto das escollas non marcaremos a contracción do artigo coa partÃcula comparativa ca entón non usaremos as formas có,cás, cós, cás e si estoutras ca o, ca a, ca os, ca as.2.2 Sufixos e terminacións
2.2.1 Sufixos –BLE/ -BEL
Na nova norma equipáranse as dúas solucións. O DLG propón a utilización do sufixo –bel/ -beis por ser a forma de maior aceptación entre as correntes normativas.
Debemos considerar que a acentuación das formas en –bel como amábel leva til por cumprir a regra xeral de acentuación e o seu plural amábeis lévao por ser unha palabra grave cun ditongo decrecente na última sÃlaba. Asemade debemos ser consecuentes coa nosa escolla introducindo esta
terminación naquelas palabras que deriven dunha primitiva rematada en -bel: amabelmente, estabelecer, estabelecemento…2.2.2 Sufixos –ARÃA/ -ERÃA
Escollemos a forma tradicional en –arÃa que é a que se recolle na redacción das normas: ConcellarÃa, perrucarÃa, consellarÃa, panadarÃa…2.2.3 Sufixo –DADE
Incorpórase puberdade ao grupo de palabras con esta terminación.2.3 Signos de puntuación
Os signos de interrogación e admiración pasan a ter un uso obrigatorio só ao remate do enunciado.
Malia isto, recoméndase continuar usándoos ao inicio para marcar ben o comezo da cláusula interrogativa ou exclamativa e facilitar asà a lectura e comprensión dos textos.2.4 Outros signos
AdmÃtese a utilización do apóstrofo para a notación de tÃtulos de obras ou cabeceiras de publicacións: d’A Nosa Terra.Resumo da proposta do DLG para a harmonización no proceso de implantaciónd a nova norma
A proposta do DLG para harmonizar as formas en que cabe unha dupla escolla resúmese asÃ:
- Emprego de ao fronte a ó.
- Restrición o uso da segunda forma do artigo a aqueles casos en que é obrigatorio: coa preposición por e tras o adverbio u.
- Eliminación da contracción do artigo coa partÃcula comparativa ca.
- Uso do sufixo –arÃa fronte a –erÃa.
- Uso do sufixo –bel/-beis.
- Uso dos signos de admiración e interrogación ao principio e ao remate da frase.
Inclúense tamén nesta lista todas aquelas mudanzas obrigatorias comentadas no epÃgrafe 2 que, como xa se indicou, non teñen escolla posÃbel.(Resumo extraÃdo dun documento publicado no portal do Concello de Santiago de Compostela)
Jaime wrote,
Anda conio! No sabÃa que fueras gallego!
Link | septiembre 25th, 2006 at 5:00 pm
pachi wrote,
Pues sÃ, asà es 🙂
Link | septiembre 25th, 2006 at 5:04 pm