Openoffice en galego
Hoxe, alguén preguntou nos foros de soloarquitectura.com sobre a posibilidade de obter o documento de excepcionalidade das Normas do Hábitat Galego en formato .doc. Desta pregunta xorde esta entrada no blog, para ofrecer solucións alternativas (e mellores, na miña opinión) ó emprego de ferramentas coma o MS-Office.
Primeiro, é boa cousa que eses documentos se publiquen nun formato estandarizado, perfectamente documentado como é o PDF/A, e serÃa excelente que tamén se publicasen noutro estándar ISO como é o OpenDocument Format, o formato que usa o OpenOffice.
O problema de empregarmos formatos non estandarizados coma o .doc ou falsamente estandarizados coma o OOXML (xa que o Office de MS non o implementa de forma compatible co estándar) e que dependemos ou facémonos dependentes de ferramentas que non están a disposición de moita xente (empregar copias piratas é, coma pouco, unha solución precaria, coma calquera outra que supoña quebrantar a lei).
E segundo, por sorte temos ferramentas libres e gratuitas coma o OpenOffice que nos permiten tanto ler coma escribir en formatos estándar (ODF, PDF), e incluso tamén ler e escribir, na maiorÃa de ocasións con total fidelidade, formatos privativos coma os do MS-Office.
O novo Openoffice 3.0 conta ademáis cun complemento para a importación de documentos PDF para manexalos na aplicación de gráficos, polo que é posible completar ou editar os formularios e poder logo incrustar o resultado da edición no procesador de textos e gardar o resultado con fidelidade. Coma exemplo do seu funcionamento, velaquà o resultado da conversión da devandito formulario de excepcionalidade das NNHG.
Outras vantaxes do emprego do Openoffice son a súa dispoñibilidade en galego, existindo tanto un corrector ortográfico coma un corrector gramatical (Golfiño), ainda que este último está en fase de desenrolo.
Tamén, coma axuda para os termos construtivos, publiquei hai un tempo, un complemento para o navegador Firefox que permite facer buscas no «Diccionario visual da construción» do COAG no propio navegador.
Grazas a estas ferramentas non só non é posible prescindir de ferramentas caras e que nos fan máis dependentes, senon que é posible ter ferramentas mellores e máis funcionais. Eu xa fai tempo que só teño instalado coma paquete ofimático o Openoffice.
ramon wrote,
Escribo só para darche os parabens. Acabo de topar co teu blogue e reune as maiores das miñas teimas: deseño, software libre, arquitectura, estruturas… asi pois pasare por aqui con maior frecuencia. Parabens por todo o teu traballo.
-Unha pregunta:
Que programa recomendas para deseño asistido por computador para Ubuntu? Qcad? Ningun?
Link | enero 25th, 2010 at 6:43 pm
pachi wrote,
Grazas Ramón polo teu comentario. Estás invitado a participar. En breve espero publicar eiquà unha aplicación para o cálculo de condensacións segundo CTE, feita con PyGTK.
Teño que retomar tamén o grupo de Pascaline, xa que teño algunha actualización e gostarÃame darlle un novo pulo a ver se se anima máis xente.
Tamén na recámara hai unha versión mellorada do software MSAPy, que podes atopar en Google Code e feita tamén por un paisano. Teño que contactar con él e ver cómo publicamos esta versión para colaborar.
¡Asà que non fallan cousas nas que entreterse!
O
Link | enero 25th, 2010 at 7:53 pm
pachi wrote,
En canto á aplicación de CAD é o maior problema neste momento para poder traballar de cheo en GNU/Linux.
Xustamente estes dÃas vin que xa hai unha versión beta de Bricscad (podes probala e traballar con ela durante 30 dÃas na web de Bricsys) que promete. Hai tempo que a anunciaron pero parece que agora lle chega o tempo de rematala.
Probeina hai uns dÃas e funciona ben en Ubuntu. Pode ser unha alternativa seria xa que, ainda que non e libre, ten un prezo razoable e parece que está ben en canto a funcionalidade. A compatibilidade con AutoCAD, na ollada rápida que lle puden botar é boa. HaberÃa que probala en profundidade con algún script en autolisp, plantillas, etc. ¡Se te animas…!
O problema dos programas libres existentes é que non teñen todavÃa caracterÃsticas para un traballo profesional e vai ser difÃcil que esto cambie pronto, xa que ten que darse unha combinación de usuarios profesionais que saiban programar é ó mesmo tempo que podan meterse a fondo en campos de programación moi especÃficos, como é al xeometrÃa computacional.
QCad é talvez o máis adiantado, e pode valer para deseño de pezas sinxelas ou para traballos moi simples, pero non para tarefas profesionais para arquitectura.
Link | enero 25th, 2010 at 8:04 pm
ramon wrote,
Grazas a ti.
Non coñecia o Briscad (downloading…) e ten boa pinta, probareino, pero é unha magoa que non sexa de balde e mais ainda o panorama do futuro inmediato para Cad-libre.
un saudo
Link | enero 28th, 2010 at 4:55 pm